Agencia española de protección de datos

Denuncias presentadas

A Axencia Española de Protección de Datos ten a función de velar polo cumprimento da lexislación e controlar a súa aplicación, e para iso dispón das potestades de inspeccionar e sancionar as infraccións que constate. Se dispós de probas ou indicios que poidan acreditar que un feito poida supor o incumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) tes a posibilidade de presentar unha denuncia pondo en coñecemento desta Axencia a existencia deses feitos.

O escrito de denuncia debe conter os seguintes elementos: nome e apelidos do interesado e, no seu caso, da persoa que lle represente, así como a identificación do medio preferente ou do lugar que se sinale a efectos de notificacións; feitos, razóns e petición na que se concrete, con toda claridade, a solicitude; lugar e data; firma do solicitante ou acreditación da autenticidade da súa vontade expresada por calquera medio; identificación dos presuntos responsables; e todos aqueles documentos ou calquera outro tipo de proba ou indicio que permita corroborar os feitos denunciados.

Se desexas presentar unha denuncia ante a Axencia, podes facelo na Sede electrónica.