Agencia española de protección de datos

Plan Estratéxico AEPD 2015-2019

O Plan Estratéxico que atopará a continuación é unha iniciativa que vai permitir á Axencia afrontar con decisión os novos retos en materia de privacidade e protección de datos; reforzar a identidade e a cohesión interna da institución e a súa imaxe exterior; dar a coñecer desde unha perspectiva global e integradora todas as actuacións que pretendemos pór en marcha; posibilitar a actualización dos procedementos e sistemas de xestión interna mediante a Administración Electrónica e, como factor esencial, posibilitar a maior participación posible de cidadáns, responsables e profesionais da privacidade. Constitúese así como un importante compromiso público por parte desta institución, que marca neste documento as súas liñas de traballo prioritarias establecendo as bases sobre as que se pretende asentar a actuación da Axencia no próximos catro anos.

O texto é o resultado de someter a consulta pública unha versión borrador do mesmo. Neste sentido, a Axencia recibiu case 400 achegas de cidadáns, responsables de tratamento, expertos en protección de datos e organizacións públicas e privadas, todas elas de gran utilidade para a elaboración da versión final deste Plan Estratéxico.

I. DOCUMENTACIÓN XERAL DO PLAN


II. EXECUCIÓN DO PLAN

subir