Agencia española de protección de datos

Aviso de seguridade

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) é titular exclusivamente dos sitios web especificados no Aviso Legal. Cando utilice os servizos electrónicos que ofrece a AEPD verifique que o dominio asociado ao sitio web ao que se conectou coincide con algún dos especificados.

Os  servizos que ofrece a AEPD en ningún caso levan ou implican unha contraprestación económica.

En ningún caso os funcionarios da AEPD reclaman, de forma presencial, telefónica ou electrónica, ningún importe dinerario pola prestación dalgún servizo ou pola comisión dunha suposta infracción.

A información precisa para o pago de sancións detállase na resolución do Director da Axencia, que contén un pé de firma electrónica recoñecida e o correspondente Código Seguro de Verificación (CSV), de acordo co previsto na Lei 59/2003, de 19 de decembro, de firma electrónica.

Acreditación dos funcionarios da AEPD

Os funcionarios que actúan en representación da AEPD sempre acreditan a súa identidade mediante o cartón de identificación de funcionario. Para a realización de actuacións de inspección presentarán obrigatoriamente o correspondente documento de Autorización asinado electronicamente polo Director da AEPD, no que se fai constar a identidade dos funcionarios autorizados e a identidade do inspeccionado. A súa autenticidade pode ser corroborada na Sede Electrónica (https://sedeagpd.gob.es), a través do CSV que se inclúe no documento.

Condutas fraudulentas suplantando a identidade da AEPD

A AEPD puxo en coñecemento das autoridades competentes determinadas condutas fraudulentas mediante as que persoas, que din actuar en representación da AEPD, ofrecen, presencial ou telefonicamente, servizos remunerados para facilitar o cumprimento das obrigacións que establece a normativa de protección de datos.

A AEPD informa así mesmo de determinados intentos de engano a través de Internet, que consisten en requirir o pago dunha posible sanción ou ben en ofrecer en nome da AEPD servizos remunerados para facilitar o cumprimento das obrigacións que establece a normativa de protección de datos. Estas condutas fraudulentas inclúen o envío de mensaxes por vía electrónica (correo ou sms) ou a utilización de programas maliciosos (malware), que  utilizan a imaxe da AEPD e información procedente do seu portal.

Colaboración cidadá

Desde a AEPD queremos previr este tipo de condutas, para o que se solicita a colaboración dos cidadáns que teñan sospeitas das mesmas, podendo comunicalas telefonicamente ao servizo de Atención ao Cidadán nos números: 901 100 099, 912 663 517.

Consellos de navegación

Comprobe que o servidor ao que se conecta atópase situado no dominio correcto (exemplo: “agpd.es”) mesmo cando se utilicen ligazóns almacenadas en “Favoritos”.

Non utilice direccións web (URL) ou ligazóns recibidas por mensaxería electrónica (correo, sms, etc.) nos que se solicita realizar algunha xestión cos seus datos persoais.

Teclee directamente as direccións dos sitios web aos que desexa conectarse.