Nesta publicación relaciónanse todos os arquivos inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos á data de actualización que figura no encabezado da consulta, clasificados segundo a titularidade dos seus responsables: privada ou pública.
Dentro da clasificación de arquivos de titularidade pública, encóntranse aqueles cuxos responsables son:
En titularidade privada aparecerán aqueles arquivos cuxo responsable sexa unha persoa privada física ou xurídica.
Unha vez determinada a titularidade do responsable, seleccione no menú correspondente.
Busca de arquivos de titularidade privada
Para consultar estes arquivos dispón dun formulario de busca no que se presenta unha serie de campos de consulta. Introduza no/s campos correspondentes o texto polo que desexa efectuar a consulta e prema o botón «Buscar» (se non se introduce ningún criterio mostrarase unha mensaxe para que especifique algún criterio de busca).
Ademais, o formulario de busca, presenta un campo denominado «Texto Libre». Se realiza a consulta a través deste campo, localizará todos aqueles arquivos que conteñan o texto que teña introducido, en calquera dos campos do formulario de busca.
Como resultado da busca, obterá a relación de arquivos que cumpren os criterios establecidos, ordenados segundo a razón social e o nome do arquivo. A selección dun deles dá paso a unha páxina na que se detalla a información publicada para o arquivo.
Para cada arquivo inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos detállase, nunha primeira páxina de resumo, a seguinte información:
Dende esta páxina, poderase mostrar información máis detallada premendo o botón "Ver Máis":
Busca de arquivos de titularidade pública
Nesta alínea existen dúas maneiras de efectuar a consulta: a través de árbore (opción do menú "Índice Organismos") ou a través de formulario (opción do menú "Busca Xeral").
Busca a través de árbore (Índice Organismos):
A árbore reproduce a estrutura xerárquica dos diferentes tipos de Administración, permitindo navegar e despregar as súas ramas (Organismos, Centros Directivos e Unidades), ata localizar o responsable buscado.
A pantalla divídese en dúas partes, a superior contén os criterios de selección utilizados ata o momento e a inferior as posibles ramas accesibles dende ese punto.
Se aparece unha carpeta trátase dunha rama na que pode afondarse máis.
Se se chegou a un documento xa está seleccionado un responsable.
Busca a través de formulario (Busca Xeral):
Para consultar estes arquivos dispón dun formulario de busca no que se presenta unha serie de campos de consulta. Introduza no/s campos correspondentes o texto polo que desexa efectuar a consulta e prema o botón «Buscar».
Ademais, o formulario de busca, presenta un campo denominado «Texto Libre». Se realiza a consulta a través deste campo, localizará todos aqueles arquivos que conteñan o texto que teña introducido, en calquera dos campos do formulario de busca.
Como resultado da busca, obterá a relación de arquivos que cumpren os criterios establecidos, ordenados segundo o encadramento administrativo do responsable e o nome do arquivo. A selección dun deles dá paso a unha páxina na que se detalla a información publicada para o arquivo.
Para cada arquivo inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos detállase, nunha primeira páxina, a seguinte información:
Dende esta páxina, poderase mostrar información máis detallada premendo o botón "Ver Máis":