Agencia española de protección de datos

Consulta de Ficheiros Inscritos

La información está actualizada a las siguientes fechas:

 

- Ficheros de Titularidad Pública:  22/09/2017

- Ficheros de Titularidad Privada: 22/09/2017

O obxectivo desta sección é difundir e dar publicidade á existencia de ficheiros con datos de carácter persoal inscritos no RGPD. A información actualízase diariamente, polo que os ficheiros aparecerán ao día seguinte da súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

O dereito de consulta ao Rexistro, regulado no artigo 14 do LOPD habilita a calquera persoa para coñecer, de forma pública e gratuíta, a existencia de tratamentos de datos de carácter persoal, as súas finalidades e a identidade do responsable do ficheiro.

Mediante Resolución de 1 de setembro de 2006, modificada por Resolución de 3 de novembro de 2008, da Axencia Española de Protección de Datos, pola que se determina a información que contén o Catálogo de ficheiros inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos, aprobouse a publicación do novo catálogo dos ficheiros con datos de carácter persoal inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos, que estará dispoñible en forma gratuíta na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos, con actualización diaria, e cuxa finalidade é facilitar ao cidadán o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición regulados nos artigos 14 a 16 do LOPD.

A información que se fai pública neste catálogo correspóndese coa información que o responsable do ficheiro notificou ao Rexistro Xeral de Protección de Datos nos apartados seguintes: Responsable do ficheiro, servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación, identificación e finalidade e usos previstos do ficheiro, orixe e procedencia dos datos, incluíndo o colectivo de persoas sobre o que se obteñen os datos de carácter persoal, tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro e, no seu caso, os destinatarios de cesións e/ou transferencias internacionais de datos. Ademais, no caso dos ficheiros de titularidade pública, publicaranse os datos relativos á disposición xeral de creación, modificación ou supresión do ficheiro.

Os datos de carácter persoal incluídos neste catálogo non poderán ser obxecto de tratamento, nin usarse para finalidades distintas á desta publicación.

Queda prohibida a reprodución total ou parcial, incluso o envorcado do contido do Catálogo a calquera soporte, sen expresa autorización da Axencia Española de Protección de Datos.

En ningún caso poderá tomarse a presenza ou ausencia nesta relación como certificación positiva ou negativa dunha inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos .