Agencia española de protección de datos

Principais dereitos

A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal, recolle unha serie de dereitos fundamentais dos cidadáns. Nesta sección ofrécese información detallada sobre os mesmos e sobre como exercer o dereitos ARCO.

Dereito de información

No momento en que se procede á recollida dos datos persoais, o interesado debe ser informado previamente de modo expreso, preciso e inequívoco de, entre outros, a existencia dun ficheiro, da posibilidade de exercitar os seus dereitos e do responsable do tratamento.

Contido do dereito de información


Dereito de acceso

O dereito de acceso permite ao cidadán coñecer e obter gratuitamente información sobre os seus datos de carácter persoal sometidos a tratamento.

Consulte o contido íntegro do dereito de acceso e os modelos para o seu exercicio


Dereito de rectificación

Este dereito caracterízase porque permite corrixir erros, modificar os datos que resulten ser inexactos ou incompletos e garantir a certeza da información obxecto de tratamento.

Consulte o contido íntegro do dereito de rectificación e modelos para o seu exercicio


Dereito de cancelación

O dereito de cancelación permite que se supriman os datos que resulten ser inadecuados ou excesivos sen prexuízo do deber de bloqueo recolleito no LOPD.

Consulte o contido do dereito de cancelación e os modelos para o seu exercicio


Dereito de oposición

O dereito de oposición é o dereito do afectado a que non leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese no mesmo.

Consulte o contido do dereito de oposición e os modelos para o seu exercicio