Agencia española de protección de datos

Consulta do Contido da Inscrición

La información está actualizada a las siguientes fechas:

 

- Ficheros de Titularidad Pública:  22/11/2017

- Ficheros de Titularidad Privada: 22/11/2017


A información que se fai pública neste catálogo correspóndese coa información que o responsable do ficheiro notificou ao Rexistro Xeral de Protección de Datos nos apartados seguintes: responsable do ficheiro, servizo ou unidade ante o que poden exercitarse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación, identificación, código de inscrición, finalidade, usos previstos do ficheiro, orixe e procedencia dos datos, incluíndo o colectivo de persoas sobre o que se obteñen os datos de carácter persoal, tipos de datos, estrutura e organización do ficheiro, medidas de seguridade e, no seu caso, os destinatarios de cesións e/ou transferencias internacionais de datos, así como os datos consignados no apartado de encargado de tratamento. Ademais, no caso dos ficheiros de titularidade pública, publicaranse os datos relativos á disposición xeral de creación, modificación ou supresión do ficheiro.

Para iso, a persoa que presentase a última notificación relacionada coa inscrición do ficheiro ou a persoa que fose debidamente autorizada polo responsable do ficheiro poderá identificarse mediante o seu certificado electrónico de firma.

Por último, poderase solicitar copia do contido da inscrición ou os códigos de inscrición asignados na inscrición inicial do ficheiro, así como copia da resolución de inscrición do ficheiro, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan, 6, 28001-MADRID, asinado pola persoa que represente ao responsable do ficheiro ou a través da Sede Electrónica.