Agencia española de protección de datos

Canle do responsable de ficheiros.

O LOPD establece as obrigacións que os responsables dos ficheiros ou tratamentos e os encargados dos tratamentos, tanto de organismos públicos como privados, han de cumprir para garantir o dereito á protección dos datos de carácter persoal.

Quen é o responsable?

A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro (RLOPD), definen ao responsable do ficheiro ou tratamento como a "persoa física ou xurídica, de natureza pública ou privada, ou órgano administrativo, que só ou conxuntamente con outros decida sobre a finalidade, contido e uso do tratamento, aínda que non o realice materialmente. Poderán ser tamén responsables do ficheiro ou do tratamento os entes sen personalidade xurídica que actúen no tráfico como suxeitos diferenciados".

Por ficheiro enténdese "todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, que permita o acceso aos datos con arranxo a criterios determinados, calquera que for a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso" (artigo 5.1.k) do RLOPD). Por outra banda, o tratamento defínese como "calquera operación ou procedemento técnico, sexa ou non automatizado, que permita a recollida, gravación, conservación, elaboración, modificación, consulta, utilización, cancelación, bloqueo ou supresión, así como as cesións de datos que resulten de comunicacións, consultas interconexións e transferencias" (artigo 5.1.t) do RLOPD).